A  Lúa no Pairo é un obradoiro de escrita persoal e creativa arredor das letras das cancións
que pertencerán a Basal, o novo proxecto musical de Ugia Pedreira; impartido por Lidia Luna.

Datas: os martes 21 e 28 febreiro e 21 e 28 marzo online vía zoom de 18:00 a 20:00. Envío da gravación para quen non poida asistir a algunha das sesións.

Ugia Pedreira é compositora, escritora e psicóloga. A escrita forma parte do seu cotiá, é a sede fundamental de onde nasce a súa composición, e a través dela expresa a profundidade e beleza salvaxe do seu universo
nos seus poemas e nas letras das súas cancións. O interese pola fotografía desde nena, e pola melodía da fala son fontes de inspiración que a autora ten en conta na sua arquitectura sonora e serán ferramentas a empregar desde A Lúa no Pairo.

Neste obradoiro partiremos das letras do seu próximo proxecto musical como punto de partida para explorar o universo persoal mais primoxénito, mais orgánico, fundamental; o asentamento central de cada unha das persoas participantes, procurando en cada unha un xeito único de ollar o mundo e transformar a mirada en expresión creativa a través da escrita e a cartografía poética, con apoio expresivo doutros rexistros audiovisuais como o son e a fotografía.

Lidia Luna é psicóloga, escritora e narradora;. Creadora do proxecto Narrativas y otras lunas, no que desde 2015 acompaña a práctica da escrita, a creatividade e o autocoidado; docente no diplomado en Antropoloxía da Arte do colectivo Latir. Comparte con Ugia Pedreira o proxecto Contos e cantos da baleanorte.

O principal obxectivo do obradoiro é crear un espazo de encontro seguro e compartido no que conectar coa propia voz e a propia mirada e transformala nunha expresión creativa sumando a co-inspiración entre persoas á inspiración que provocan os materiáis proporcionados pola autora.

Dirixido á calquera persoa interesada no proceso creativo, con o sen experiencia previa na escrita. Si xa tes o hábito da escrita atoparás novas fontes de inspiración. Si te achegas a ela por primeira vez cunha intención creativa, atoparás unha guía para dar os primeiros pasos.

CONTIDOS

Letras, breve reseña da autora, imaxes e sons proporcionados por Ugia Pedreira. Sons naturais editados ou non, e imaxes que cada canción inspire. Ademais de traballar en cada sesión unha canción distinta, exploraremos diferentes recursos para crear a partir do que percibimos e sentimos: do cotiá, da nosa imaxinación e lembranzas. 

INSCRIPCIÓN


O custo da matrícula é de 120€, ou dous pagos mensuais de 62€ cada un. Mínimo 6 prazas, máximo 12. Para reservar a túa praza por favor, enche o formulario. Graciñas!

A matrícula inclúe:

  • 8 horas de encontro
  • Materiais adicionáis en pdf cando sexa pertinente para completar as
    sesións
  • Un encontro coa autora en Santiago de Compostela (fecha por
    determinar na primavera de 2023) no que haberá un micro aberto para
    que as persoas que participaron no obradoiro e que así o desexen
    poidan compartir o proceso de escrita cxs presentes e coa autora.

INSCRIPCIÓN

https://forms.gle/gqwUbqPTwjqFE6vQA