Obradoiro presencial dirixido a mulleres que queiran explorar a escrita persoal e creativa lendo a diferentes autoras dentro da literatura e o pensamento, tecendo a memoria das mulleres que nos acompañaron e das que nos habitan.

Na literatura, igual que noutros ámbitos culturais ou sociais, as mulleres sempre estiveron presentes, aínda que silenciadas ou veladas. Temos unha voz e un discurso e, ao mesmo tempo, lémonos no que van escribindo as demais. Precisamos escoitar as nosas voces e contar as nosas historias para tecer alternativas ao discurso dominante, soster as nosas resistencias cotiás, desfacernos dos bloqueos creativos e construír, mediante a escrita ou outros canais expresivos, un lugar interior e exterior no que descansar.

Contidos

Fixemos un primer obradoiro en novembro de 2019. A idea inicial era seguir o temario do obradoiro online co mesmo nome; pero enseguida converteuse nun encontro para explorar a creación de historias; o lugar do que parte a voz de cada persoa e as súas fortalezas e as dificultades técnicas que atopa no camiño: narrador/a, peche das historias, elixir o título, equilibrio entre dicir e mostrar. Tamén estivo moi presente a voz crítica e as súas peculiaridades cando a que escribe, como era o caso, é unha muller.

Comezamos un novo ciclo de encontros o 14 de febreiro; podeste sumar aínda que non estiveras nos anteriores. Cantas máis sexamos, máis enriquecedoras serán o ollar das compañeiras e a súa escoita, que é o principal valor dun encontro presencial. Si tes calquera dúbida, contacta conmigo ou pregunta na libraría.

En cada sesión traballaremos con propostas de escritura e lectura co obxetivo de:

  • Conectar coa voz, a mirada e os recursos de cada persoa para a escritura persoal e creativa
  • Explorar a obra das autoras na literatura e no pensamento.
  • Identificar e neutralizar a voz crítíca, lexitimando e alimentando o hábito da escritura.

Se queres saber máis, podes ver a versión online deste obradoiro.

Onde e cando

Na Libraría de Mulleres Lila de Lilith

Os venres de 17:30 a 19:30 cunha periodicidade quincenal. As primeiras sesións serán os días 14 e 28 de febreiro e 6 e 20 de marzo de 2020.

Matrícula

CERRADA

Imparte: Lidia Luna

Mujer sentada sonriendo detrás del dibujo de un faro

¡Hola! ¿Qué te cuentas?

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.