O Basal é un obradoiro de escrita persoal e creativa impartido por Lidia Luna, en galego e castelán, arredor das letras das cancións
que pertencerán a Basal, o novo proxecto musical de Ugia Pedreira.
Datas: os martes 28 marzo e 11, 18 e 25 de abril online vía zoom de 18:00 a 20:00. Envío da gravación para quen non poida asistir a algunha das sesións. Inscrición no enlace.
Ugia Pedreira é compositora, escritora e psicóloga. A escrita forma parte do seu cotiá, é a sede fundamental de onde nasce a súa composición, e a través dela expresa a profundidade e beleza salvaxe do seu universo nos seus poemas e nas letras das súas cancións. O interese pola fotografía desde nena, e pola melodía da fala son fontes de inspiración que a autora ten en conta na sua arquitectura sonora e serán ferramentas a empregar desde O Basal.
Neste obradoiro partiremos das letras de Basal, explorando o universo persoal mais primoxénito, mais orgánico e fundamental da autora, e conectaremolo con cada persoa inscrita no obradoiro, centrándonos no esencial: o noso xeito único de ollar o mundo, de transformar a mirada en expresión creativa a través da escrita e da cartografía poética con apoio da fotografías, estampas sonoras, debuxos e outros rexistros novos que iremos averiguando.
Lidia Luna é psicóloga, escritora e narradora;. Creadora do proxecto Narrativas y otras lunas, no que desde 2015 acompaña a práctica da escrita, a creatividade e o autocoidado; diplomada en Antropoloxía da Arte. Comparte con Ugia Pedreira o proxecto Contos e cantos da baleanorte.

O principal obxectivo do obradoiro é crear un espazo de encontro seguro e compartido no que conectar coa propia voz e a propia mirada, sumándose á co-inspiración e co-creación entre persoas grazas aos materiais que nos proporciona a autora.
Dirixido á calquera persoa interesada no proceso creativo, con ou sen experiencia previa na escrita. Si xa tes o hábito de escreber, atoparás novas formas e fontes de inspiración. Si te achegas a ela por primeira vez cunha intención creativa, atoparás unha guía para dar os primeiros pasos.
CONTIDOS
Letras das cancións con breve reseña da autora, imaxes e sons proporcionados por Ugia Pedreira que tiveron que ver coa composición dos temas. Sons naturais editados ou non, e imaxes que cada canción nos inspire. Ademais de traballar en cada sesión unha canción distinta, exploraremos diferentes propostas para crear a partir do que percibimos, sentimos e conectamos: do cotiá, do onírico, do imaxinativo, da lembranza.
INSCRICIÓN
O custo da matrícula é de 60€ . Mínimo 6 prazas, máximo 12. Para reservar a túa praza por favor, enche o formulario. Graciñas!
A matrícula inclúe:

INSCRIPCIÓN
https://forms.gle/gqwUbqPTwjqFE6vQA
Créditos
Diseño gráfico Xavier Belho-Ugia Pedreira
Colabora Nordesía Producións – Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento