
Ritual, imaxinación e autocoidado cíclico é un obradoiro presencial para rehabitar o tempo cíclico fronte á narrativa do tempo lineal; recuperar a conexión co teu corpo, coa natureza e coas comunidades das que formas parte, revisando e actualizando a pertenza e a participación. Reapropiarte do autocoidado desde o goce, en diálogo cos coidados; sen sentilo como unha obriga máis.
Na Libraría Lila de Lilith (Santiago de Compostela) o sábado 22 de outubro, de 10:30 a 13:30.
Hai un tempo para cada cousa: un tempo para crecer, outro para descansar, outro para restaurarse. Hai un tempo para sementar, e outro para recoller; ningún dos dous durará para sempre. Escoitar os ciclos: os do teu corpo, os da lúa, os das estacións. Fomos nómades recolectoras antes que sedentarias: hai moito empeño en dicirnos que a resposta de estrés está gravada no noso corpo, máis non que tamén o está o contacto coa natureza e a conexión coas súas ensinanzas.
Lidia Luna
Farémolo integrando os saberes da psicoloxía, a antropoloxía e a mitoloxía; con lecturas recomendadas e propostas prácticas de escrita para sincronizar coas estacións e as fases da lúa, cos ciclos do noso corpo e os que se dan na natureza. Aceptando o cambio como requisito para a transformación; a mingua que precede ao crecemento, e viceversa; recuperando a importancia e o poder dos rituais individuais e colectivos como apoio nos momentos máis importantes da nosa vida. Para que cada persoa poida coñecer os seus procesos e facelos propios, favorecendo así a práctica do autocoidado e tamén da creatividade.
Contidos:
- Que son os rituais? Para que serven?
- Memoria individual, comunitaria e ancestral. Conexión coa natureza.
- O imaxinario colectivo
- O tempo en espiral. Descolonizar e rehabitar o tiempo.
- A roda do ano e outros ciclos da natureza. Prácticas individuais e colectivas.
- Escritura, narrativas e autocoidado cíclico.
INSCRICIÓN
Matrícula: 45€, ata completar as 12 10 prazas disponibles.

Para saber máis:
Este obradoiro inclúe unha perspectiva ecofeminista e psicosocial. Está baseado na miña traxectoria persoal e profesional; para coñecerla mellor podes visitar a páxina sobre mí e o manifesto de Narrativas y otras lunas.