Obradoiro presencial de escritura e narrativa no que exploraremos a a creación de historias a partir da nosa experiencia cotiá, das nosas lembranzas e da memoria dos lugares que habitamos.
Cando e onde?
Na Libraría Bahía de Foz, unha tarde ao mes durante hora e media, de febreiro a xuño.
PRIMEIRA SESIÓN: venres 15 de febreiro ás 20:30. Podeste anotar na libraría, enchendo o formulario desta web, ou contactando comigo.
Matrícula
- 15€ cada sesión
- 12 prazas disponibles
Impartido por: Lidia Luna
De profesión son psicóloga; de vocación, escuchadora e contadora de historias, dúas cousas que considero imposibles de separar. Nacín en Madrid, mais sempre quixen estar preto do mar. A Illa de Arousa acolleume fai uns anos; pasei uns meses na Mariña, e dende aquela sinto que é o meu segundo folgar.
Dende 2015 estou enredando en Narrativas y otras lunas, o meu proxecto de autoemprego. Creo que todas as persoas temos moitas historias que contar e os recursos para facerlo. A miña labor é acompañarte para potenciar a túa capacidade narrativa, creatividade, imaxinación e memoria.