
Obradoiro dirixido a mulleres que queiran comezar a escoitar e explorar o seu corpo mediante a escritura persoal e creativa.Hai tantas vivencias como persoas; todo o que vivimos deixa unha pegada, sucede a través do corpo. Por iso neste obradoiro imos exploralo a través do que outras autoras escribiron sobre el; pero, sobre todo, a partir da nosa experiencia. Non hai respostas boas e malas, acertadas ou erróneas; todas valen, todas suman. O que queremos, xustamente, é aventurarnos máis aló do normativo, das marxes establecidas, das crenzas que interiorizamos dende nenas; para borrar, ampliar ou fortalecer as fronteiras dos nosos corpos.
CONTIDOS
- As identidades
- Promesas, emblemas, o desexo
- Feridas, cicatrices, ecos
- O autocoidado
CANDO E DÓNDE?
Na Libraría de Mulleres Lila de Lilith de Santiago de Compostela, o sábado 26 de xaneiro, de 10:30 a 13:30
O taller vaise desenrolar nunha soa sesión; se hai suficientes persoas interesadas, darémoslle continuidade para seguir afondando nos contidos.
MATRÍCULA
O coste do taller é de 25€. Para anotarte, por favor, enche o formulario. Podes contactar conmigo si tes calquera dúbida. Queda 1 praza.
Imparte: Lidia Luna

INSCRICIÓN